martes, 14 de febrero de 2012

Unha xuventude solidaria, por María Larrañaga

Saio á rúa e vexo mozos e mozas aos que non parece importarlles nada agás a pantalla da súa Blackberry ou as novidades no seu Twitter, actualizar o estado do Tuenti...; a apatía coma filosofía de vida. Certo é  que os mozos parecen vivir nun universo aparte e semellan non preocuparse por nada máis que os seus problemas.
Pero as aparencias enganan, non podemos xulgar un libro pola cuberta. Os xóvenes necesitamos o noso  espazo, gústanos a independencia e non ter que lle render contas a ninguén. Ansia de liberdade que non pode confundirse co desinterese polo alleo,e a pouco que nos fixemos é doado atoparnos protagonistas das loitas polo ben común. 

            Qué facianas eran as do movemento do 15 M, quen protagoniza desde sempre os movementos ecoloxistas...? Non, non nos adicamos a recadar fondos en bailes benéficos, os nosos modos de mobilización son  outros, pero son.
Somos e estamos.Túnez, ano 2010. Mohamed Bouazizi, un mozo no comezo da súa vida foi quen, co prezo do seu alento, de desencadear a revolución popular  que librou aos seus do inferno de  Ben Alí, e que mesmo provocou a coñecida  como “primavera árabe”, loita solidaria que ha lograr un futuro mellor para  os norteafricanos.
Somos e estamos os primeiros na marea negra, no terremoto de Lorca ou estreando  en Africa o noso título de médico ou enfermeiro... ; no banco de sangue e doando órganos.

          Falamos de que estamos ante unha xuventude cada vez máis individualista ,absorbida polas novas tecnoloxías: o 98% deles teñen teléfono móbil e un 70% unha conta nunha das diversas redes sociais. Pero é que para eles Internet é un medio máis onde solidarizarse co mundo, e un exemplo claro disto é o movemento que houbo nas redes sociais o pasado novembro ante o anuncio de que a nai do “Cuco”, un dos asasinos de Marta del Castillo, ía ser entrevistada nun programa de Telecinco. A xuventude mobilizouse cunha velocidade incrible e  chegou ata as empresas patrocinadoras de Telecinco, que decidiron deixar de patrocinar o programa, conseguindo así que non emitísese tal entrevista. É só un exemplo de todo o que logran conseguir por medio das novas tecnoloxías.

            Educados en valores, non toleramos a inmoralidade da violencia de xénero, do terrorismo, dos sobornos ou da pena de morte; comprendemos a importancia  do colectivo e militamos nel porque coa que está caendo, a crise e o futuro inmediato que nos agarda,  precisamos axudarnos  mutuamente para atopar saídas de progreso como sociedade; nesta conciencia social  somos protagonistas conscientes  de que as respostas particulares de cada quen son egoísmos inservibles para unha solución global.
            Xa o anunciara a mediados do XIX o escritor, periodista e político valenciano D. Vicente Blasco Ibáñez: “A xuventude é a idade dos sacrificios desinteresados, da ausencia de egoísmo (...)”. Canta razón!.
           

domingo, 5 de febrero de 2012

A xuventude e a vida política

Estamos fartos de escoitar que os xóvenes non participan na vida política, e critícaselles duramente por iso. Pero, por que non participan? Cal é a súa opinión e cales as súas propostas? 
Quizáis con este vídeo obteñamos algunhas das respostas a estes interrogantes.


domingo, 22 de enero de 2012

Patrimonio da humanidade

Son como a primavera xenerosa, non hai forza igual; apúntase a todo, ao que lles mandamos e ao que non. Queren sair, rir, xogar, participar, vivir; están na ponte do Rainbow warrior, ou sanando Africa, ou de branco contra o negro chapapote...

Son patrimonio da humanidade.Hai futuro con eles.Menos mal.

Están sós

Están sós. A televisión lémbrallelo a cotío vomitando novas de paro xuvenil,de fracaso escolar, de botellón..;os bancos e os políticos ningunean o seu futuro, afogan a súa ilusión. Non  poden ter ilusión de pertencer a unha sociedade para a que non contan nada, para  a que son unha molestia.
Intelixentes, buscan refuxio a tanta indiferencia e hostilidade na casa, nos pais, nos amigos..., refuxios para sanar da frustración.

Axudar, colaborar, crer...Vale. E a eles, quen?

En Africa os nenos comen pedras, os púberes van á guerra; no surleste de Asia as adolescentes saben máis da ¿vida? que as cabareteiras dun wenstern. Bendito Walt Disney, se fose verdade.

lunes, 9 de enero de 2012

Non mires demasiado ao redor ,que non deixa de cambiar


Todo cambia... a vida baséase nun continuo cambio e nós non somos máis ca o conxunto de todas as experiencias vividas.
O mundo xira cada vez máis rápido, a unha velocidade frenética, que resulta casi imposible de seguir...

Teño dazaseis anos, nacín con confianza plena nas persoas, fora quen fora, confiaría na primeira persoa que pasara; en dez anos non cambian tanto as cousas...sei que é imposible.
Pero nos tempos que corren hai que saber en quen confiar, cada día a sociedade é máis egoísta (non estaría mal volver a aquela Grecia do século IV a.C, onde o ben común está por enriba do ben individual ) e se nos poñen a falar de solidariedade : sí, os xóvenes somos solidarios, pero para o que nos convén . Somos apariencia, encántanos quedar ben e como todo nesta vida encontramos os pros e os contras; xa poucas persoas coñecen a satisfacción que producen valores básicos como a sinceridade , honestidade , solidariedade...

Para min a felicidade é un estado de ánimo ocasional, disfrutamos a calor porque temos sentido o frío. Valoramos a luz, porque coñecemos a escuridade. E comprendemos a felicidade porque coñecemos a tristeza ; e para ti, que é a felicidade?
Sinceramente está máis preto do que ninguén pensa , é tan só un momento de equilibrio tan simple como facer sorrir a outra persoa, saber disfrutar o momento e ser agradecidos.

Gandhi dixo que todo o que fagas na vida será insignificante. Pero que é moi importante que o fagas, porque ninguén máis o fará.
Imos vivir cada día coma se fora o último, que a vida son dous días

Benvidos á realidade 

Benvidos / Bienvenidos / Welcome / Bienvenue / Dobrodošli / Grata...

Somos Ana López, Eloy Hermida, Juan Vega e María Larrañaga, xuntos formamos o equipo do instituto Saturnino Montojo que participará no Parlamento Xove 2012. Servirémonos deste blog para transmitir á xente o noso traballo, esperando que sexa de interese. 
Aquí comeza todo, este é o punto de partida. Tentaremos lograr cada día un blog máis dinámico, informativo e, como resultado mellor.