Saio á rúa e vexo mozos e mozas aos que non parece importarlles nada agás a pantalla da súa Blackberry ou as novidades no seu Twitter, actualizar o estado do Tuenti...; a apatía coma filosofía de vida. Certo é que os mozos parecen vivir nun universo aparte e semellan non preocuparse por nada máis que os seus problemas.
Pero as aparencias enganan, non podemos xulgar un libro pola cuberta. Os xóvenes necesitamos o noso espazo, gústanos a independencia e non ter que lle render contas a ninguén. Ansia de liberdade que non pode confundirse co desinterese polo alleo,e a pouco que nos fixemos é doado atoparnos protagonistas das loitas polo ben común.
Qué facianas eran as do movemento do 15 M, quen protagoniza desde sempre os movementos ecoloxistas...? Non, non nos adicamos a recadar fondos en bailes benéficos, os nosos modos de mobilización son outros, pero son.
Somos e estamos.Túnez, ano 2010. Mohamed Bouazizi, un mozo no comezo da súa vida foi quen, co prezo do seu alento, de desencadear a revolución popular que librou aos seus do inferno de Ben Alí, e que mesmo provocou a coñecida como “primavera árabe”, loita solidaria que ha lograr un futuro mellor para os norteafricanos.
Somos e estamos os primeiros na marea negra, no terremoto de Lorca ou estreando en Africa o noso título de médico ou enfermeiro... ; no banco de sangue e doando órganos.
Falamos de que estamos ante unha xuventude cada vez máis individualista ,absorbida polas novas tecnoloxías: o 98% deles teñen teléfono móbil e un 70% unha conta nunha das diversas redes sociais. Pero é que para eles Internet é un medio máis onde solidarizarse co mundo, e un exemplo claro disto é o movemento que houbo nas redes sociais o pasado novembro ante o anuncio de que a nai do “Cuco”, un dos asasinos de Marta del Castillo, ía ser entrevistada nun programa de Telecinco. A xuventude mobilizouse cunha velocidade incrible e chegou ata as empresas patrocinadoras de Telecinco, que decidiron deixar de patrocinar o programa, conseguindo así que non emitísese tal entrevista. É só un exemplo de todo o que logran conseguir por medio das novas tecnoloxías.
Educados en valores, non toleramos a inmoralidade da violencia de xénero, do terrorismo, dos sobornos ou da pena de morte; comprendemos a importancia do colectivo e militamos nel porque coa que está caendo, a crise e o futuro inmediato que nos agarda, precisamos axudarnos mutuamente para atopar saídas de progreso como sociedade; nesta conciencia social somos protagonistas conscientes de que as respostas particulares de cada quen son egoísmos inservibles para unha solución global.
Xa o anunciara a mediados do XIX o escritor, periodista e político valenciano D. Vicente Blasco Ibáñez: “A xuventude é a idade dos sacrificios desinteresados, da ausencia de egoísmo (...)”. Canta razón!.