domingo, 22 de enero de 2012

Patrimonio da humanidade

Son como a primavera xenerosa, non hai forza igual; apúntase a todo, ao que lles mandamos e ao que non. Queren sair, rir, xogar, participar, vivir; están na ponte do Rainbow warrior, ou sanando Africa, ou de branco contra o negro chapapote...

Son patrimonio da humanidade.Hai futuro con eles.Menos mal.

Están sós

Están sós. A televisión lémbrallelo a cotío vomitando novas de paro xuvenil,de fracaso escolar, de botellón..;os bancos e os políticos ningunean o seu futuro, afogan a súa ilusión. Non  poden ter ilusión de pertencer a unha sociedade para a que non contan nada, para  a que son unha molestia.
Intelixentes, buscan refuxio a tanta indiferencia e hostilidade na casa, nos pais, nos amigos..., refuxios para sanar da frustración.

Axudar, colaborar, crer...Vale. E a eles, quen?

En Africa os nenos comen pedras, os púberes van á guerra; no surleste de Asia as adolescentes saben máis da ¿vida? que as cabareteiras dun wenstern. Bendito Walt Disney, se fose verdade.

lunes, 9 de enero de 2012

Non mires demasiado ao redor ,que non deixa de cambiar


Todo cambia... a vida baséase nun continuo cambio e nós non somos máis ca o conxunto de todas as experiencias vividas.
O mundo xira cada vez máis rápido, a unha velocidade frenética, que resulta casi imposible de seguir...

Teño dazaseis anos, nacín con confianza plena nas persoas, fora quen fora, confiaría na primeira persoa que pasara; en dez anos non cambian tanto as cousas...sei que é imposible.
Pero nos tempos que corren hai que saber en quen confiar, cada día a sociedade é máis egoísta (non estaría mal volver a aquela Grecia do século IV a.C, onde o ben común está por enriba do ben individual ) e se nos poñen a falar de solidariedade : sí, os xóvenes somos solidarios, pero para o que nos convén . Somos apariencia, encántanos quedar ben e como todo nesta vida encontramos os pros e os contras; xa poucas persoas coñecen a satisfacción que producen valores básicos como a sinceridade , honestidade , solidariedade...

Para min a felicidade é un estado de ánimo ocasional, disfrutamos a calor porque temos sentido o frío. Valoramos a luz, porque coñecemos a escuridade. E comprendemos a felicidade porque coñecemos a tristeza ; e para ti, que é a felicidade?
Sinceramente está máis preto do que ninguén pensa , é tan só un momento de equilibrio tan simple como facer sorrir a outra persoa, saber disfrutar o momento e ser agradecidos.

Gandhi dixo que todo o que fagas na vida será insignificante. Pero que é moi importante que o fagas, porque ninguén máis o fará.
Imos vivir cada día coma se fora o último, que a vida son dous días

Benvidos á realidade 

Benvidos / Bienvenidos / Welcome / Bienvenue / Dobrodošli / Grata...

Somos Ana López, Eloy Hermida, Juan Vega e María Larrañaga, xuntos formamos o equipo do instituto Saturnino Montojo que participará no Parlamento Xove 2012. Servirémonos deste blog para transmitir á xente o noso traballo, esperando que sexa de interese. 
Aquí comeza todo, este é o punto de partida. Tentaremos lograr cada día un blog máis dinámico, informativo e, como resultado mellor.